Archive for December, 2008

Xornada: Vantaxes do Software Libre para as Pemes

Thursday, December 4th, 2008

A CEP, en colaboración coa Asociación de empresas Galegas de Software Libre, e a financiación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, organiza unha xornada, baixo o título “Vantaxes do Software Libre para as Pemes” o próximo mércores, 17 de Decembro de 2008, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (Avda. García Barbón nº 104, Andar 1º -Vigo-), na que se pretende, entre outras cousas, analizar as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para a contorna empresarial.